My Generation

My Generation
Álbum de The Who
Publicado3 de decembro de 1965
Gravaciónabril e outubro de 1965
Duración36:13
Xénero(s)rock, pop, R&B
Selo(s)Brunswick
ProdutorShel Talmy
Cronoloxía
- My Generation A Quick One
Na rede
Discogs: 68534 Allmusic: mw0000020578 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

My Generation é o álbum de estrea da banda británica de rock The Who, gravado e publicado 1965. En Estados Unidos, o álbum foi titulado The Who Sings My Generation, cunha portada e unha lista de cancións distintas. Foi considerado por moitos críticos como un dos mellores álbums da historia do rock en diversas listas.

O álbum foi realizado de forma inmediata tras o éxito dos primeiros singles do grupo. Segundo as notas incluídas na edición deluxe do álbum, The Who Sings My Generation foi denominado posteriormente polos compoñentes do grupo como un traballo rudo que non representaba as súas interpretacións da época. Por outra banda, moitos críticos musicais denominaron o álbum como un dos mellores traballos de rock en diversas listas. En 2006, My Generation era incluído no posto 49 da lista dos 100 mellores álbums británicos, elaborada por NME [1]. Así mesmo, o álbum foi incluído no libro 1001 Albums You Must Hear Before You Die.[2]

A canción que dá título ao álbum foi inducida no Grammy Hall of Fame en 1999 e supón unha das cancións máis coñecidas do grupo, así como un himno da historia do rock'n'roll.

  1. "NME". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2015. Consultado o 12 de abril de 2009. 
  2. "Outline Page". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2012. Consultado o 12 de abril de 2009. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne