Mycobacterium tuberculosis | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Colonias da bacteria M. tuberculosis | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Mycobacterium tuberculosis Zopf 1883 | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Bacilo da tuberculose Koch 1882, bacilo de Koch |
Mycobacterium tuberculosis (MTB) é a especie bacteriana patóxena da familia das Mycobacteriaceae que é o axente causante da maioría dos casos de tuberculose (TB).[1] Descubriuna en 1882 o alemán Robert Koch, polo que informalmente se lle chama tamén bacilo de Koch. M. tuberculosis ten unha infrecuente cuberta cerosa na súa superficie celular (feita principalmente de ácido micólico), o que fai á célula impenetrable á hora de facer a tinguidura de Gram. En vez da tinguidura de Gram úsase a detección por técnicas que determinan a súa resistencia ácido alcohol á decoloración. A fisioloxía de M. tuberculosis é moi aerobia e require niveis de oxíxeno altos. Principalmente é un patóxeno do sistema respiratorio de mamíferos, que infecta os pulmóns. Os métodos de diagnóstico usados normalmente para a tuberculose son a proba cutánea da tuberculina, a tinguidura de resistencia ácido alcohol, e as radiografías pulmonares.[1]
O xenoma de M. tuberculosis secuenciouse en 1998.[2][3]