Myotragus balearicus Rango fósil: 5,3 Ma-0,005 Ma Plioceno - Holoceno | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Recreación dun exemplar. | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
![]() Extinto | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
Myotragus balearicus é un mamífero extinguido da orde dos artiodáctilos, da familia dos bóvidos, subfamilia de cabras, é dicir, unha cabra do xénero Myotragus. É coñecida polos restos atopados en Mallorca, Menorca, Cabrera e Dragonera, onde habitou até a súa extinción hai uns 5000 anos.[1] A relativa abundancia e modernidade dos seus restos convérteno na especie máis coñecida do xénero, ademais do feito de que fose a primeira descuberta a miúdo leva a confundilo co conxunto dos Myotragus, pero é realmente a súa etapa evolutiva final anterior á extinción, despois de máis de cinco millóns de anos de evolución nunha situación de illamento nas illas.
Foi descuberta pola paleontóloga inglesa Dorothea Minola Bate, quen a describiu en 1909.[1] Ten características notables debido a un longo proceso de evolución da insularidade.