NEMO | |
---|---|
![]() Edificio do NEMO, deseñado por Renzo Piano. | |
Tipo | museo científico e museo |
Data de fundación | 1923, 1990 e 1997 |
Premios | registered museum |
Localización | |
Sede | Ámsterdam |
Enderezo | Oosterdok 2 |
En | Ámsterdam |
País | Países Baixos |
52°22′27″N 4°54′45″L / 52.374106, 4.912392 | |
Na rede | |
http://www.nemosciencemuseum.nl/ e https://www.nemosciencemuseum.nl/en/ | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Museo de Ciencia NEMO (do latín Ninguén) é un centro de ciencia en Ámsterdam, nos Países Baixos. Atópase no barrio de Oosterdokseiland, na zona de Amsterdam-Centrum, entre o Oosterdokseiland e o Kattenburg. O museo ten a súa orixe en 1923, e ten a súa sede na construción creada por Renzo Piano dende o ano 1997. Contén cinco andares de exhibicións científicas e é o meirande centro científico dos Países Baixos. Atrae por volta de 670 000 visitantes cada ano,[1] o que o converte no oitavo museo máis visitado do país.