Nabucco

Nabucco
Edición de 1923.
FormaÓpera
Actos e escenas4 partes
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaTemistocle Solera
Fontes literariasBaseada na historia bíblica e a obra de Auguste Anicet-Bourgeois e Francis Cornue Nabucodonosor (1836)
Estrea9 de marzo de 1842
Teatro da estreaTeatro alla Scala
Lugar da estreaMilán
Duración2 horas 15 minutos[1]
Música
CompositorGiuseppe Verdi
Localización da partituraArchivio Storico Ricordi, Milán
coroParticipación destacable[2]
Personaxes

Nabucco (barítono)
Abigaille (soprano)
Fenena (soprano)
Ismaele (tenor)
Zaccaria (baixo)
Sumo Sacerdote de Babilonia (bajo)[3]
Abdallo (tenor)
Anna (soprano)

Nabucco é unha traxedia lírica en catro partes, cada unha cun título (Xerusalén, O impío, A profecía e O ídolo), con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Temistocle Solera, baseada no Antigo Testamento e na obra Nabuchodonosor de Francis Cornue e Anicète Bourgeois. Foi estreada o 9 de marzo de 1842 no Teatro alla Scala de Milán.

A acción da ópera conta a historia do rei Nabucodonosor II da Babilonia. Foi escrita durante a época da ocupación austriaca no norte da Italia e, por medio da varias analoxías, suscitou o sentimento nacionalista italiano. O Coro dos Escravos Hebreos, no terceiro acto da ópera (Va, pensiero, sull'ali dorate, "Vai, pensamento, sobre asas douradas") converteuse nun símbolo do nacionalismo italiano da época.

O éxito desta ópera perdura ata hoxe en día, e aínda que non é tan representada como outras óperas de Verdi, permanece entre as óperas máis representadas do repertorio operístico mundial. Nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. aparece no posto n.º 17 das cen óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo a 10.ª en Italia e a cuarta de Verdi, con 183 representacións.

  1. Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en castelán) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. p. 168. ISBN 978-84-670-2605-4. 
  2. Roger Alier, Marc Heilbron y Fernando Sans Rivière: La discoteca ideal de la ópera, Editorial Planeta, S. A., 1995. ISBN 84-08-01285-1.
  3. Guía visual de la Ópera, Espasa.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne