O nacionalismo andaluz é un movemento político e social que defende o recoñecemento de Andalucía como unha nación dentro de Europa.[2] Abrangue un amplo espectro de obxectivos, dende os partidarios do federalismo ou o confederalismo español, até posturas abertamente independentistas.
↑O Partido Andalucista era coñecido orixinalmente como Partido Socialista de Andalucía (non confundir co Partido Socialista Obrero Español de Andalucía, coñecido como PSOE-A). Naceu a partir da Asemblea Socialista de Andalucía pero máis tarde abandonou a denominación de socialista e virou cara ao centro político.