O nacionalismo asirio é un movemento xurdido entre o pobo asirio co obxectivo de defender a súa independencia ou autonomía dentro das rexións nas cales habitan, incluíndo o norte de Iraq, o nordeste de Siria, o noroeste de Irán e o sueste de Turquía. Os asirios son os pobos orixinarios de Mesopotamia, cuxos devanceiros estabeleceron o Imperio Asirio no que hoxe son os modernos estados de Iraq, Irán, Siria e Turquía. O imperio durou dende o século -XXV até o seu colapso no século -VII.
O movemento xurdiu a finais do século XIX nun contexto de crecente persecución étnica e relixiosa dos asirios no Imperio Otomán, e hoxe é defendido polo xeral polos asirios na diáspora.
A Organización de Nacións e Pobos Non Representados das Nacións Unidas (UNPO) recoñece os modernos asirios como un pobo indíxena do sueste de Turquía, nordeste de Siria e nos límites do noroeste de Irán,[2] como fai o Dicionario político do Oriente Medio moderno.[3]