O nacionalismo flamengo é a ideoloxía nacionalista que defende a nacionalidade dos flamengos e promove a súa unidade cultural, promovendo os intereses do territorio de Flandres, a rexión máis rica de Bélxica que ocupa a parte norte do país. O idioma dos flamengos é o flamengo, unha variedade do neerlandés, e a súa cultura é xermánica, en contraposición a Valonia, a parte restante do territorio belga, na que predomina o francés e a cultura latina.
Os principais representantes do movemento nacionalista son os partidos políticos NV-A, de centro-dereita, e o Vlaams Belang, de dereita.[1][2]