Nadezhda Krupskaia

Modelo:BiografíaНаде́жда Кру́пская
Nadezhda Krúpskaia

Nadezhda Krupskaya cara 1890
Nome orixinalNadezhda Konstantínovna Krúpskaia
Biografía
Nacemento(ru) Надежда Константиновна Крупская Editar o valor en Wikidata
14 de febreiroxul./ 26 de febreiro de 1869greg.[1]
San Petersburgo, Imperio Ruso
Morte27 de febreiro de 1939 (70 anos)
Unión Soviética Moscova, Unión Soviética
Lugar de sepulturaNecrópole da muralla do Kremlin Editar o valor en Wikidata
Membro do Presidium do Soviet Supremo da Unión Soviética
17 de xaneiro de 1938 – valor descoñecido
Membro do Consello Supremo da Unión Soviética
12 de xaneiro de 1938 – 27 de febreiro de 1939
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidaderusa
Ideoloxía políticaComunismo e Marxismo-leninismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónCursos Bestúzhev Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónRevolucionaria, pedagoga, institutriz, escritora
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética (–1939)
Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
26 de xaneiro de 1934XVII Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética
23 de maio de 1924XIII Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética
17 de abril de 1923XII Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética
27 de marzo de 1922XI Congreso do Partido Comunista de Rusia
8 de marzo de 1921X Congreso do Partido Comunista Ruso
6 de marzo de 1918VII Congreso do Partido Comunista de Rusia
26 de xullo de 1917 (Xuliano)VI Congreso do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia
10 de abril de 1906 (Xuliano)IV Congreso do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusa
12 de abril de 1905 (Xuliano)III Congreso do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia
17 de xullo de 1903 (Xuliano)II Congreso do Partido Obreiro Socialdemócata de Rusia Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeVladimir Lenin Editar o valor en Wikidata
PaisKonstantin Krupsky Editar o valor en Wikidata  e Elizaveta Krupskaya Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Крупская Надежда Константиновна)
Bio-bibliographic Dictionary of 20th-Century Russian Writers (en) Traducir
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0472809 BNE: XX1157250 Musicbrainz: d3636616-ff40-4cee-9b85-06182645fad1 Discogs: 1627835 WikiTree: Krupskaya-1 Find a Grave: 8287320 Editar o valor en Wikidata

Nadezhda Konstantínovna Krúpskaia (en ruso: Наде́жда Константи́новна Кру́пская), nada en San Petersburgo o 14 de febreiroxul./ 26 de febreiro de 1869greg. e finada en Moscova o 27 de febreiro de 1939, máis coñecida como Nadia Krúpskaia, foi unha escritora, pedagoga e revolucionaria rusa, recoñecida figura do Partido Comunista da Unión Soviética. Foi unha das principais responsables da creación do sistema educativo soviético e pioneira do desenvolvemento das bibliotecas rusas. O seu esposo foi o revolucionario bolxevique Vladimir Ilich Ulianov, coñecido como Lenin.

Nada en San Petersburgo no seo dunha familia nobre empobrecida, a súa nai era institutriz e o seu pai, oficial do Exército con inclinacións políticas radicais.[2] Malia a penuria económica que sufriu a familia ao falecer o seu pai en 1883, logrou completar a súa educación nun prestixioso ximnasio feminino da capital rusa.[2] Permaneceu como profesora nesta institución ata 1891.[2] Convertida ao marxismo a comezos da década, ingresou no Grupo para a Loita pola Emancipación da Clase Obreira, onde coñeceu a Lenin en 1894.[2] Detida en agosto de 1896 como outros membros deste, en 1897 aceptou cumprir a súa condena de exilio interior xunto a Lenin en Siberia, para o que tivo que casar con el por imposición das autoridades rusas.[2] En abril de 1898, partiu a Siberia, onde se converteu en esposa e colaboradora de Lenin.[2]

Máis tarde pasou ao exilio en Europa occidental e converteuse en secretaria da publicación socialista Iskra e logo na do comité central do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia.[2] No exilio escribiu algunhas obras sobre educación.[2]

Trala Revolución de Outubro, obtivo importantes cargos no Ministerio de Educación, presidido por Anatoli Lunacharski.[2] A partir de maio de 1922, con Lenin doente, reduciu o seu traballo no ministerio para atendelo.[2] Parte da oposición política a Stalin a mediados da década, finalmente uniuse a el na campaña contra a oposición interna do partido.[3] Mantívose como vicecomisaria de Educación entre 1919 e 1939 e como membro do comité central do partido entre 1927 e 1939, ano no que faleceu.[3]

  1. McNeal 1972, p. 13.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 Jackson, Devlin & 1989, p. 329.
  3. 3,0 3,1 Jackson, Devlin & 1989, p. 330.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne