O Najd (árabe: نَجْدٌ, [nad͡ʒd]) ou Nejd é unha rexión xeográfica da parte central da península arábiga que conta con aproximadamente un terzo da poboación de Arabia Saudita.[1] Trátase dunha meseta que se eleva entre os 762 e os 1525 m sobre o nivel do mar. A zona oriental da rexión foi o hábitat habitual dos beduínos. A cidade máis importante é Riad, capital de Arabia Saudita.