Grace Naledi Mandisa Pandor (de solteira, Matthews), nada en Durban o 7 de decembro de 1953, é unha política surafricana, ministra de relacións internacionais e cooperación desde maio de 2019.[1][2]
Traballou anteriormente como ministra de educación superior de Suráfrica, desde o 28 de febreiro de 2018 até maio de 2019, ocupando previamente o cargo de ministra de educación desde 2009 até 2012. Foi ministra de asuntos internos entre 2012 e 2014. Entre 1999 e 2004 presidiu a cámara alta do Parlamento de Suráfrica.[1]