Nanaia Cybelle Mahuta,[1] nada o 21 de agosto de 1970, é unha política maorí de Nova Zelandia. É parlamentaria pola circunscrición de Hauraki-Waikato e exerceu como ministra de Desenvolvemento Maorí e ministra de Goberno Local durante o sexto goberno laborista de Nova Zelandia dende 2017. O 6 de novembro de 2020, asumirá o posto de ministra de Asuntos Exteriores, converténdose na primeira muller, e na primeira persoa indíxena do país, en ostentar o cargo.[2]
Mahuta foi membro anteriormente do quinto goberno laborista do país, servindo como ministra de Aduanas, ministra do Goberno Local, ministra do Desenvolvemento da Mocidade, ministra asociada de Medio Ambiente e ministra asociada de Turismo.[3] En 2016, realizou unha tatuaxe facial maorí (en maorí: Tā moko) converténdose na primeira muller parlamentaria en levalo no Parlamento de Nova Zelandia.[4] En 2018, foi clasificada como unha das 100 Mulleres da BBC[5]