Nantosuelta

Representación de Nantosuelta de Speyer, co seu cetro distintivo e as aves. A cabeza de Sol pode verse no tímpano.

Na relixión celta, Nantosuelta foi unha deusa da natureza, da terra, o lume e a fertilidade. Os mediomátricos (Alsacia e Lorena) representárona na súa arte sostendo unha casa ou un pombal. Outras representacións amósana cunha maceta ou unha colmea de abellas. Coñécese o culto a Nantosuelta a través de estatuas e inscricións. Foi vinculada con Sucellos. Por outra banda, o seu símbolo do corvo relaciónana tamén como deusa dos mortos.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne