Narrador protagonista

O narrador protagonista é unha técnica narrativa usada na narración, no proceso de conversión da historia en relato, caracterizada por unha focalización interna e por un narrador intradiexético que é o actante principal dos sucesos acontecidos ou por acontecer. Esta perspectiva reforza a verosimilitude do relato posto que pon en contacto a persoa lectora cuns feitos que o narrador afirma que viviu.

Un tipo de narrador intradiexético é o autodiexético, aquel que, coma no caso das autobiografías, refire as experiencias da súa propia vida.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne