![]() | Este artigo ou sección describe un tema de ficción principalmente desde unha perspectiva ficticia. Por favor, revise o contido e reescriba o mesmo para explicar a ficción con claridade, desde a perspectiva do mundo real. |
Naruto Uzumaki (うずまきナルト Uzumaki Naruto?) é o protagonista do manga e anime Naruto. É un mozo ninja da Aldea Oculta de Konoha de carácter espontáneo e impredicible. A súa máxima ambición é chegar a ser Hokage da aldea para así obter o recoñecemento de todos. O seu nome traducido (Naruto) fai referencia a un condimento do ramen chamado Kamaboko e o seu apelido (Uzumaki) significa espiral.