National Audubon Society | |
---|---|
![]() | |
Tipo | sociedade científica e organización sen ánimo de lucro |
Campo de traballo | protección medioambiental, ecoloxía e Ornitoloxía |
Data de fundación | 5 de xaneiro de 1905 |
Nomeado en referencia a | John James Audubon |
Sede | Manhattan |
En | Manhattan |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://www.audubon.org/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A National Audubon Society ou Audubon (Sociedade Nacional Audubon) é unha organización ecoloxista sen ánimo de lucro dedicada á conservación da natureza localizada nos Estados Unidos e incorporada en 1905. Audubon é unha das máis antigas deste tipo de organizacións no mundo e utiliza a ciencia, a educación e a defensa das súas bases para progresar na súa misión conservacionista. O seu nome déuselle en honor ao ornitólogo e naturalista franco-americano John James Audubon, que pintou, catalogou e describiu as aves de Norteamérica no seu famoso libro Birds of America publicado por partes entre 1827 e 1838.
A sociedade ten case 500 capítulos locais, cada un dos cales é unha organización sen ánimo de lucro independente afiliada voluntariamente coa National Audubon Society, que adoita organizar viaxes de campo para a observación de aves e actividades relacionadas coa conservación. Tamén coordina a Christmas Bird Count celebrada cada mes de decembro en EUA, un modelo de ciencia cidadá (realizada por científicos non profesionais), e en sociedade co Cornell Lab of Ornithology a chamada a Great Backyard Bird Count celebrada cada mes de febreiro. Xunto co Cornell, Audubon creou eBird, unha base de datos on line para a observación de aves. A National Audubon Society tamén ten moitos socios en todo o mundo, que axudan ás aves que migran alén das fronteiras dos Estados Unidos, como a BirdLife International baseada en Inglaterra, a Bird Studies Canada, e moitos socios en América Latina e no Caribe. O International Alliances Program (IAP) de Audubon reúne xente de todo o hemisferio occidental para taballar xuntos para aplicar solucións conservacionistas nas denominadas Important Birds Areas (IBA's).
As oficinas principais están na cidade de Nova York e en Washington, D.C., e ten oficinas estatais nuns 24 estados. Tamén posúe e opera varios centros de natureza abertos ao público, localizados en instalacións urbanas, como nas cidades de Nova York, Joplin, Phoenix, Dallas, e Os Ánxeles, e en refuxios de aves e outras áreas naturais. Os Centros Audubon axudan a crear conexións duradeiras entre as persoas e a natureza, creando representantes para a conservación entre a xente nova e diversas comunidades.