National Gallery

National Gallery
Coordenadas51°30′32″N 0°07′42″O / 51.508888888889, -0.12833333333333
PaísReino Unido
CidadeCidade de Westminster
DirectorGabriele Finaldi
Inauguración1824
Visitantes5.253.216 (2011)
Na rede
https://www.nationalgallery.org.uk/ e https://www.nationalgallery.org.uk
Facebook: thenationalgallery Twitter: NationalGallery Instagram: national_gallery Youtube: UCrPOgNsUldOtQsTf9Kjlm_A TikTok: nationalgallerylondon Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A National Gallery ou Galería Nacional é o principal museo de arte de Londres, sito na parte norte de Trafalgar Square. Exhibe pintura europea de 1250 a 1900, prodecente da colección nacional de arte do Reino Unido [1]. A colección permanente, que consta de 2,300 pinturas, pertence ao Estado británico, polo que a entrada é publica, só sendo necesario pagar para asistir a determinadas exposicións especiais. Ten entre 4 e 5 millóns de visitantes ao ano.

Interior da National Gallery dende a súa entrada principal.

Maila ser fundada sen unha colección real que a sustentase, a National Gallery converteuse nunha galería de arte de sona internacional dende a súa fundación en 1824. Foi conformada inicialmente polos seus primeiros directores, incluído o pintor Sir Charles Lock Eastlake, e aumentada con doazóns privadas, que hoxe en día compoñen dous terzos da súa colección permanente. Aínda que de tamaño reducido en comparación con outras pinacotecas coma o Louvre, a National Gallery destaca por amosar obras mestras de toda a Historia da Arte occidental, sendo posible admirar a través da súa colección a evolución dos estilos pictóricos dende o comezo do Renacemento ata o Postimpresionismo. A galería orixinal do século XIX baseábase fundamentalmente na arte italiana e no neerlandesa, pero pouco a pouco foi adquirindo obras de arte moderna.

A galería foi aloxada en tres edificios diferentes, cada un dos cales resultou co tempo pouco axeitado para os propósitos expositivos. O edificio actual foi comezado por Williams Wilkins e sufriu notables ampliacións, cuxas obras principais foron a cargo de Edward Middleton Barry e Robert Venturi. Dende 2002 e ata 2006, o director da institución foi Charles Saumarez Smith. Dende decembro de 2007, o prestixioso historiador de arte Nicholas Penny está á fronte da galería.

  1. A escultura e as artes decorativas atópanse no Victoria and Albert Museum. O Museo Británico exhibe arte antiga, arte non occidental, gravados e debuxos, e a arte contemporánea está na Tate Modern. Parte da arte británica atópase na National Gallery, pero a meirande colección nacional de arte británica atópase na Tate Britain.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne