Tipo | liga deportiva ![]() |
---|---|
Deporte | béisbol ![]() |
Organizador | Major League Baseball ![]() |
Parte de | Major League Baseball ![]() |
Localización e Datas | |
País | Estados Unidos de América e Canadá ![]() |
Vixencia | 1876 – ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Los Angeles Dodgers ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | mlb.mlb.com ![]() |
A National League of Professional Baseball Clubs (do inglés: Liga Nacional de Clubs Profesionais de Béisbol) ou National League (NL), é unha das dúas ligas de béisbol que conforman a Major League Baseball (MLB) nos Estados Unidos e o Canadá. A National League é a competición deportiva por equipos profesional máis antiga do mundo aínda en activo. Fundada o 2 de febreiro de 1876 para substituír a National Association of Professional Base Ball Players (1871–1875), ás veces é coñecida como "Senior Circuit" en contraposición á American League, fundada 25 anos despois e coñecida como o "Junior Circuit". Ao igual que a Liga Americana, a Nacional conta con 15 equipos.