National Women's Hall of Fame | |
---|---|
Tipo | 501(c)(3), organización e salón da fama |
Data de fundación | 10 de marzo de 1969 |
Localización | |
Enderezo | 1 Canal St, Seneca Falls, NY 13148 |
En | Seneca Falls |
País | Estados Unidos de América |
42°54′33″N 76°47′58″O / 42.909166666667, -76.799444444444 | |
Na rede | |
https://www.womenofthehall.org/ e http://www.greatwomen.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
National Women's Hall of Fame (en galego, Salón Nacional da Fama de Mulleres) é unha institución estadounidense creada en 1969, na cidade de Seneca Falls, Nova York, onde se celebrou a primeira Convención sobre os Dereitos da Muller en 1848.[1][2] A misión do salón, establecida na súa declaración de 1969, é: "honrar a perpetuidade as mulleres cidadás dos Estados Unidos de América cuxas contribucións ás artes, deportes, negocios, educación, goberno, humanidades, filantropía e ciencia foron de grande importancia e valor para o desenvolvemento do seu país.[3][4]
O National Women's Hall of Fame distingue as mulleres estadounidenses a través dun rigoroso proceso de selección no que participan representantes de importantes organizacións do país e expertos en diferentes áreas. As nomeadas son seleccionadas en función da medida en que os cambios que realizaron afectan aos aspectos sociais, económicos e culturais da sociedade; o impacto que tiveron a nivel nacional ou global, os resultados do cambio producido; e o valor duradeiro deses logros ou cambios.[5]
A idea xurdiu de John Rosenkrans, presidente do Eisenhower College, onde se albergou o salón ata 1979,[4] cando a organización comprou un edificio bancario no distrito histórico de Seneca Falls e renovouno para convertelo na nova sede do salón e no lugar da súa residencia e da exposición permanente.[1] A residencia está situada no número 76 de Fall Street, preto do Parque Nacional dos Dereitos da Muller que se estableceu no lugar da Convención de 1848.