Nature Communications | |
---|---|
País | Reino Unido |
Lingua | lingua inglesa |
Abreviatura | Nat. Commun. |
Fundación | 2010 |
Editorial | Nature Portfolio |
Circulación | |
ISSN | 2041-1723 |
OCLC | 614340895 |
Na rede | |
http://www.nature.com/ncomms/index.html | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nature Communications é unha revista científica publicada por Nature Portfolio dende 2010. É unha revista multidisciplinar e cobre as ciencias naturais, incluíndo física, química, ciencias da Terra, medicina e bioloxía. A revista ten oficinas de editorial en Londres, Berlín, Nova York e Shanghai.
A editora en xefe fundadora da revista foi Lesley Anson,[1] seguida por Joerg Heber,[2] Magdalena Skipper e Elisa De Ranieri.[3] No ano 2022, os editores eran Nathalie Le Bot para as áreas de saúde e ciencia clínica, Stephane Larochelle por ciencias da bioloxía, Enda Bergin para química e biotecnoloxía e Prabhjot Saini para física e ciencias da Terra.[4] Dende outubro de 2014, a revista só acepta artigos de autores dispostos a pagar un cargo por procesamento de artigos. Ata finais de 2015, parte dos envíos publicados só estaban dispoñibles para os subscritores. En xaneiro de 2016, todo o contido pasou a ser de libre acceso.[5]