Ripublik Naoero (na) Naoero (na) ![]() | |||||
Himno | Nauru Bwiema ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «God's will first» «Първо Божията воля» «Ewyllus Duw'n Gyntaf» ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Yaren ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 13.650 (2017) ![]() | ||||
Lingua oficial | Lingua nauruana lingua inglesa ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 21 km² ![]() | ||||
Punto máis alto | Command Ridge (70 m) ![]() | ||||
Punto máis baixo | Océano Pacífico (0 m) ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 31 de xaneiro de 1968 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Presidente ![]() | David Adeang (2023–) ![]() | ||||
Órgano executivo | Goberno de Nauru ![]() | ||||
• Presidente ![]() | Russ Kun ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento de Nauru , (Escano: 19) ![]() | ||||
Membro de | Tratado de non proliferación de armas nucleares Alianza dos Pequenos Estados Insulares Grupo de Estados de África, Caribe e Pacífico Organización Mundial da Saúde Commonwealth de Nacións (1968–1999) Unión Postal Universal (1969–) Unión Internacional de Telecomunicacións (1969–) Interpol (1971–) Banco Asiático de Desenvolvemento (1991–) UNESCO (1996–) Commonwealth de Nacións (1999–) ONU (1999–) Organización para a Prohibición de Armas Químicas (2001–) Organización Meteorolóxica Mundial (2019–) ![]() | ||||
PIB nominal | 145.536.603 $ (2021) ![]() | ||||
Moeda | Dólar australiano ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .nr ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +674 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 111, 110 e 112 ![]() | ||||
Código de país | NR ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() |
Nauru[1] (/nɑːˈuːruː/[2] ou /ˈnaʊruː/;[3] nauruano: Naoero), oficialmente República de Nauru (nauruano: Repubrikin Naoero) e antes coñecida como Pleasant Island, é un país insular e un microestado en Oceanía, no Pacífico Central que comprende unha soa illa xusto ao sur do ecuador. O seu veciño máis próximo é a illa Banaba en Kiribati, a 300 km (190 mi) ao leste.[4] Atópase máis ao noroeste de Tuvalu, 1 300 km (810 mi) ao nordeste das Illas Salomón,[5] ao leste-nordeste de Papúa-Nova Guinea, ao sueste dos Estados Federados de Micronesia e ao sur das Illas Marshall. Con só unha área de 21 km2 (8,1 sq mi), Nauru é o terceiro país máis pequeno do mundo por detrás da Cidade do Vaticano e Mónaco, converténdoa na república máis pequena así como na nación insular máis pequena. A súa poboación duns 10.000 habitantes é a segunda máis pequena do mundo (sen incluír colonias nin territorios de ultramar), despois da Cidade do Vaticano.
É un atol de forma oval, elevado, escarpado na súa beira mariña e con areosas praias intercaladas con montículos coralinos na súa beira interior, e cunha superficie de 21 km². Habitada por persoas de Micronesia cara ao ano 1000 AEC, Nauru foi anexionada e reclamada como colonia polo Imperio Alemán a finais do século XIX. Despois da primeira guerra mundial, Nauru converteuse nun mandato da Liga de Nacións administrado por Australia, Nova Zelandia e o Reino Unido. Durante a segunda guerra mundial, Nauru foi ocupada polas tropas xaponesas, e foi obviado polo avance aliado polo Pacífico. Despois de rematar a guerra, o país entrou en Tutela das Nacións Unidas. Nauru conseguiu a súa independencia en 1968 e converteuse en membro da Comunidade do Pacífico (PC) en 1969.
Gran parte da súa prosperidade debeuse á explotación dos depósitos de fosfato que se atopaban na illa e cuxo orixe é disputado: poderían ser depósitos de guano acumulados durante miles de anos ou poderían ser de orixe mariña. O fosfato utilízase como fertilizante e a maioría do producido na illa foi exportado cara a Australia durante máis dun século, aínda que a costa de danar seriamente o medio ambiente da illa. Coa extinción das reservas de fosfato na década de 1990, Nauru fai fronte a un futuro económico pouco claro. Parte da riqueza obtida coa explotación deste recurso foi colocada como fideicomiso para o futuro. Tras acumular ata 2.000 millóns de dólares estadounidenses, a mala calidade dos investimentos escollidos e a súa utilización para completar orzamentos deficitarios ano tras ano fixo minguar os aforros e en 2004 o restante foi vendido para cancelar a súa débeda externa. Para obter ingresos, Nauru converteuse brevemente nun paraíso fiscal e nun centro ilegal de branqueo de capitais.[6] De 2001 a 2008, e de novo a partir de 2012, aceptou axuda do Goberno australiano a cambio de acoller o Nauru Regional Processing Centre, unha controvertida instalación de detención de inmigración offshore australiana. Como resultado da gran dependencia de Australia, algunhas fontes identificaron Nauru como un estado cliente de Australia.[7][8][9] O estado soberano é membro das Nacións Unidas, da Commonwealth de Nacións e da Grupo de Estados de África, Caribe e Pacífico.