Este artigo amosa escritos birmanos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Naypyidaw ou Nay Pyi Taw (en birmano: ) é a capital de Myanmar. Situada na vila de Kyatpyae, no municipio de Pyinmana, na división de Mandalay. O seu nome significa "Cidade real" ou "Asento de reis" e o seu nome foi anunciado durante o transcurso do Día das Forzas Armadas celebrado en marzo de 2006, data considerada como a inaugural da cidade. A capital administrativa de Birmania foi oficialmente trasladada a Naypyidaw o día 6 de novembro de 2005 por decisión da xunta militar. cando se inaugurou contaba apenas 100.000 habitantes, cunha maioría de birmanos, e con minorías de chineses e indios, viven nunha área de 2.700 quilómetros cadrados, deixando unha densidade de 2,7 habitantes por km². Ten estradas de ata 20 carrís e o seu orzamento roldaba os 4.000 millóns de euros. O que máis destaca na cidade é o distrito administrativo, con máis de 30 edificios oficiais. A relixión maioritaria dos habitantes é o budismo cunha minoría de cristiáns.