Nebulosa do Cono | |
---|---|
![]() | |
Tomada polo Telescopio Espacial Hubble o 2 de abril do 2002. | |
Datos para a observación | |
Época= X2000,0 | |
Tipo de obxecto | Nebulosa difusa + Nebulosa escura |
Ascensión recta | 06h 41m 06s[1] |
Declinación | +09° 53′[1] |
Distancia | 2.700 al[2] |
Magnitude aparente | - |
Dimensións aparentes | 10 arcmins[1] |
Constelación de | Monoceros |
Características físicas | |
Radio | 4 al[3] |
Magnitude absoluta | ? |
A Nebulosa do Cono é unha rexión H II da constelación de Monoceros. Foi descuberta por William Herschel o 26 de decembro de 1785, momento na que a designou coma H V.27 . A nebulosa está situada a uns 830 parsecs ou 2.700 anos luz de distancia respecto da Terra. A Nebulosa do Cono forma parte da nebulosidade ó redor do Cúmulo Árbore de Nadal. A designación de NGC 2264 no New General Catalogue refírese a obxectos e non a nebulosa por separado.
A difusa Nebulosa do Cono, chamada así pola súa forma cónica, atópase na parte sur de NGC 2264, a parte norte vén sendo a magnitude -3,9 do Cúmulo Árbore de Nadal. Á súa vez o conxunto está situado na parte norte de Monoceros, xusto ó norte do punto medio dunha liña imaxinaria entre Procyon e Betelgeuse.
A forma do cono vén dunha nebulosa de absorción escura que está composta hidróxeno molecular frío e po en fronte dunha apagada nebulosa de emisión que contén hidróxeno ionizado por S Monocerotis, a estrela máis brillante de NGC 2264. Esta nebulosa débil (cun tamaño aparente de 10 minutos de arco) está separada uns sete anos luz respecto da nebulosa escura, e o conxunto de ambas está a 2.700 anos luz de distancia da Terra.
A nebulosa é parte dun complexo moito máis grande de formación de estrelas -o Telescopio Espacial Hubble foi usado para capturar imaxes das estrelas en formación en 1997.