![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2020.) |
O concepto de Necesidades educativas especiais (NEE) é usado decote na educación contemporánea.
Se ben xa fora expresado na década de 1960, a expresión popularizouse a partir da súa formulación no Informe Warnock, presentado en 1978 ao parlamento do Reino Unido, pola Secretaría de Estado para a Educación e Ciencia, Secretaría de Estado para Escocia e a Secretaría de Estado para o País de Gales. O relatorio foi o resultado do 1º comité británico constituído para reavaliar a atención ás persoas con discapacidades, presidido por Mary Warnock. As súas conclusións demostraron que un 20% do alumnado presenta NEE nalgún período da súa vida escolar. A partir destes datos, o informe propuxo o concepto de NEE.
O concepto de NEE foi adoptado e redefinido a partir da Declaración de Salamanca (UNESCO, 1994), pasando a referirse a todos os nenos e adolescentes con necesidades debidas a discapacidades ou dificultades na aprendizaxe. Dese modo, pasou a incluír tanto os nenos en desvantaxe como os chamados sobredotados, así como alumnado sen vivenda, ou en situación de risco, que traballa, de poboacións remotas ou nómades, pertencentes a minorías étnicas ou culturais, e nenos desfavorecidos ou marxinais, e os que presentan problemas de conduta ou de orde emocional.