Un neno ( pronunciación (axuda · info)) é, desde o punto de vista do seu desenvolvemento psicobiolóxico, toda criatura humana que non alcanzou a puberdade. Como sinónimo de infantil ou pueril, o termo aplícase a quen non é considerado adulto. Tamén o termo aplícase a quen, previa á adolescencia, vive a súa nenez. En termos xerais ou xurídicos, neno é toda persoa menor de idade[1][2].
En función da súa evolución psicoafectiva, psicomotriz e cognitiva, aos recentemente nados e durante a primeira etapa da súa vida, denomínaselles comunmente meniños ou bebés para distinguilos dos que alcanzaron unha certa autonomía.[3]