Neon Bible | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Arcade Fire | ||||
Publicado | 3 de marzo do 2007 | |||
Gravación | 2006 | |||
Duración | 47:03 | |||
Xénero(s) | indie rock, baroque pop | |||
Selo(s) | Merge Records | |||
Produtor | Arcade Fire | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Neon Bible é o segundo álbum da banda canadense de indie rock Arcade Fire, editado o 3 de marzo do 2007 a través do selo Merge Records, aínda que orixinalmente foi anunciado para o 16 de decembro do 2006 na súa páxina web. A meirande parte do disco foi gravado nunha igrexa que a banda mercou e restaurou.
Neon Bible estreouse no número 2 da lista Billboard 200, vendendo 92.000 copias na súa primeira semana e 400.000 ata a data. Foi publicado no mesmo tempo que os exitosos álbums de The Shins Wincing the Night Away e de Modest Mouse We Were Dead Before the Ship Even Sank, e foi citado como un exemplo da popularización do indie rock. Os críticos elaboraron recensións moi faborables do disco e publicacións como NME e IGN eloxiaron o álbum polo seu carácter grandioso[1][2], mentres que Rolling Stone e Uncut dixeron que o resultado era un son distante e esaxerado.