Neon Genesis Evangelion

Neon Genesis Evangelion
{{{caption}}}
新世紀エヴァンゲリオン
(Shin Seiki Evangerion)
XéneroApocalíptico,[1] drama psicolóxico,[2] mecha[3]
Manga Neon Genesis Evangelion
Creado por Yoshiyuki Sadamoto
Editor Kadokawa Shoten
Publicado en Shōnen Ace
Primeira edición 26 de decembro de 1994
Última edición 4 de xuño de 2013
Núm. de volumes 14
Anime Neon Genesis Evangelion
Dirixido por Hideaki Anno
Estudio
Canle televisiva TV Tokyo
Primeira emisión 4 de outubro de 1995
Última emisión 27 de marzo de 1996
Núm. de capítulos 26
Filmes
Outros

Neon Genesis Evangelion[4] (en xaponés: 新世紀エヴァンゲリオン; Shin Seiki Evangerion; que quere dicir literalmente "O Evanxeo do Novo Século") tamén coñecida sinxelamente como Evangelion[5] ou Eva,[6][7] é unha serie de animación xaponesa, ou anime, producida por Gainax e Tatsunoko Production,[8] dirixida por Hideaki Anno[9] e emitida orixinalmente pola canle TV Tokyo dende outubro de 1995 até marzo de 1996. O anime conta con 26 episodios e o elenco de voces xaponesas orixinais inclúe a Megumi Ogata como Shinji Ikari, Megumi Hayashibara como Rei Ayanami e Yūko Miyamura como Asuka Langley Soryu. A música da serie foi composta por Shirō Sagisu.

Evangelion está ambientado quince anos despois dun cataclismo mundial, e a acción ten lugar especialmente na cidade futurística e fortificada de Toquio-3. O protagonista é Shinji, un mozo adolescente que é recrutado polo seu pai na misteriosa organización Nerv para pilotar unha máquina xigante (mecha) e biomecánica chamada "Evangelion" co obxectivo de combater os aliens chamados "Anxos". A serie explora as experiencias e emocións dos pilotos dos Evangelion, así como as dos membros de Nerv no seu intento de previr que ningún dos Anxos cause outro cataclismo, ó tempo que lidan cos movementos estratéxicos da organización e coa busca da verdade que se agocha detrás destes eventos.[10] A serie contén conceptos e imaxes derivados da cábala, do cristianismo e do xudaísmo.

En Galiza, estreouse en galego no ano 2005 a través da TVG, dentro do espazo infantil e xuvenil Xabarín Club.[11] Neon Genesis Evangelion recibiu a aclamación da crítica mais tamén xerou certa controversia.[12] Particularmente controvertidos foron os dous últimos episodios, o cal levou ó equipo da serie a producir un final alternativo no filme de 1997 Evangelion: O final de Evangelion. Considerada como unha deconstrución do xénero mecha, a serie de televisión orixinal provocou o renacemento da industria do anime e converteuse nunha icona cultural. Filmes, manga, vídeos e outros produtos da franquía Evangelion conseguiron récords de vendas nos mercados xaponeses e un grande éxito internacionalmente, con 150 billóns de iens de ganancias nos produtos relacionados no ano 2007 e as máquinas pachinko de Evangelion xerando máis de 700 billóns de iens no ano 2015.[13]

  1. Slater-Williams, Josh (18 de setembro de 2013). "Scotland Loves Anime 2013: The Fourth Impact". The Skinny. Consultado o 4 de febreiro de 2019. 
  2. Loo, Egan (8 de setembro de 2007). "Human-Sized Eva Spear Auctioned for 13.7 Million Yen". Anime News Network. Consultado o 22 de xullo de 2018. 
  3. "Neon Genesis Evangelion Platinum Complete Collection". ADV Films. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2006. Consultado o 25 de xuño de 2018. 
  4. Cavallaro 2007, p. 54: "O título orixinal da serie, Shinseiki Evangelion, componse de dúas partes: o composto xaponés Shinseiki, que quere dicir "nova era" ou "nova xeración", e a palabra grega Evangelion, que quere dicir "boas novas" ... e que despois chegou a significar "evanxeo". O título en inglés (o mesmo que na versión en galego) Neon Genesis Evangelion, foi escollido orixinalmente por Gainax, e está formado polas palabras gregas neon, a forma neutra da palabra neos (= "novo" ou "mozo"), genesis (= "orixe," "fonte" ou "nacemento, raza") e evangelion.
  5. Clemens, Jonathan; McCarthy, Helen (2006). The Anime Encyclopedia. Revised & Expanded Edition (en inglés). Stone Bridge Press. p. xii. ISBN 1933330104. 
  6. Murakami, Takashi (2005). リトルボーイ: 爆発する日本のサブカルチャー・アート. Yale University Press. p. 185. ISBN 9780300102857. 
  7. Brenner, Robin E. (2007). Understanding manga and anime (en inglés). Libraries Unlimited. p. 162. ISBN 978-1-59158-332-5. 
  8. "メインスタッフ紹介" (en xaponés). Archived from the original on 15 de febreiro de 1997. Consultado o 28 de setembro de 2013. 
  9. "Neon Genesis Evangelion" (en xaponés). Archived from the original on 15 de febreiro de 1997. Consultado o 28 de setembro de 2013. 
  10. Fujie & Foster 2004, pp. 147-160.
  11. D., F. (23 de marzo de 2018). "El dilema del erizo que conmocionó al mundo". La Región (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2022. Consultado o 17 de setembro de 2019. 
  12. Solomon, Charles (10 de abril de 2002). Los Angeles Times, ed. "Anime Series Draws on a World of Alienation". Consultado o 30 de maio de 2017. 
  13. Fields’ Vision of “the Greatest Leisure”. ONLINE ANNUAL REPORT (Informe) (Fields Corporation). 2015. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2019. Consultado o 16 de xuño de 2018. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne