O neopaganismo celta refírese ó movemento pagán contemporáneo baseado no politeísmo celta.[2] Este movemento apareceu a finais do século XIX, máis emerxeu con forza nos anos setenta do século XX. O neopaganismo celta recolle a antiga relixión celta[3] praticada nas antigas Galia, Irlanda e Britannia antes da chegada do cristianismo. Trátase dun sistema relixioso panteísta, animista e politeísta. Coa aparición e difusión do mistericismo entre os anos 1970 e 1980, o neopaganismo influíu na filosofía New Age e na Wicca, ás cales transmitiulles particularmente a súa doutrina druidista. Entre os primeiros grupos estaban os de orientación puramente celta [4], e só moi recentemente a relixión celta foi sometida a unha sistematización e institucionalización gradual, cuxo proceso aínda está en curso.
En Galicia existen varios grupos de paganismo celta, entre eles a Irmandade Druídica Galaica e o grupo "Brigante".