Neptuno

Neptuno
Neptuno na súa cor real[1] captada pola Voyager 2. Coma Urano, Neptuno ten aparencia apagada; pódense ver algunhas tormentas, como a Gran Mancha Escura GDS-89[a] no centro.
Descubrimento [2]
Descubridor
Data23 de setembro de 1846
Designacións
Pronunciación[nɛpˈtuno̝]
Nomeado por
Neptuno (Neptūnus)
AdxectivosNeptuniano, neptuniana
Símbolo♆ e ⯉
Características orbitais
Época J2000
Afelio30,33 UA
(4 540 millón km)
Perihelio29,81 UA
(4 460 millón km)
30,07 UA
(4 500 millón km)
Raio órbital medio
30,06896341 UA
4 498 252 900 km
Excentricidade0,008678
  • 164,8 anos
  • 60 190 días
  • (89 666 días solares de Neptuno) [3]
367,49 días [4]
5,43 km/s [4]
259,883°
Inclinación
  • 1,770° respecto á eclíptica;
  • 6,43° respecto ó ecuador do Sol;
  • 0,74° respecto ó plano invariable [5]
Lonxitude do nodo ascendente
131,783°
Argumento do perihelio
273,187°
Satélites coñecidos16
Características físicas 
Raio medio
24 622 ± 19 km [6][nota 1]
24 764 ± 15 km [6][nota 1]
3,883 raios da Terra
Raio polar
24 341 ± 30 km [6][nota 1]
3,829 raios da Terra
Achatamento0,0171 ± 0,0013
7,6183 × 10 9 km 2 [7][nota 1] 14,98 áreas da Terra
Volume6,253 × 10 13 km 3 [4][nota 1]
57,74 volumes da Terra
Masa
  • 1,02409 × 10 26 kg [4]
  • 17,147 masas da Terra
  • 5,15 × 10 −5 masas do Sol
Densidade media
1,638 g/cm3 [4][nota 2]
11,15 m/s2 (1,137 g0) [4][nota 1]
0,23 [8] (estimada)
23,5 km/s [4][nota 1]
0,67125 días
16 h 6 min 36 s [3]
0,6713 días [4]
16 h 6 min 36 s
Velocidade de rotación ecuatorial
2,68 km/s [9]
28,32° (respecto á órbita) [4]
Ascensión recta do polo norte
19h 57m 20s [6]
299,36° [10]
Declinación do polo norte
43,46° [10]
Albedo0,290 (Bond) [11]
0,442 (xeom.) [12]
T ª superficial mín media máx.
nivel: 1 bar 72 K (−201 °C) [4]
0,1 bar (10 kPa) 55 K (−218 °C) [4]
7,67 [13] a 8,00 [13]
−6,9 [14]
2,2 - 2,4″ [4][15]
Atmosfera 
19,7 ± 0,6 km
Composición por volume
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Referido ó nivel de 1 bar (100 kPa) de presión atmosférica.
  2. Referido ó volume que corresponde co nivel de 1 bar de presión atmosférica.

Neptuno é o oitavo planeta a partir do Sol, e o máis afastado no noso sistema solar. No sistema solar, é o cuarto planeta máis grande por diámetro, o terceiro planeta máis masivo e o planeta xigante máis denso. Neptuno ten 17 veces a masa da Terra e é lixeiramente máis masivo que Urano, que ten 15 veces a masa da Terra pero non é tan denso. Neptuno é máis denso e fisicamente máis pequeno que Urano porque a súa maior masa provoca máis compresión gravitatoria na súa atmosfera. É un dos dous planetas xigantes de xeo do sistema solar (o outro é Urano). Estando composto principalmente por gases e líquidos, non ten unha "superficie sólida" ben definida. O planeta orbita ao redor do Sol unha vez cada 164,8 anos a unha distancia media de 30,1 UA (4500 millóns de km), unhas 30 veces a distancia da Terra ao Sol.[16] Neptuno recibiu o nome do deus romano dos mares e o seu símbolo astronómico é ♆, unha versión estilizada do tridente do deus.[b]

Neptuno non é visible a simple vista e é o único planeta do sistema solar atopado por predición matemática máis que por observación empírica. Inesperados cambios na órbita de Urano levaron a Alexis Bouvard a deducir que esta era obxecto dunha perturbación gravitacional producida por un planeta descoñecido. Despois da morte de Bouvard, a posición de Neptuno foi predita a partir das súas observacións, independentemente, por John Couch Adams e Urbain Le Verrier. Neptuno foi posteriormente observado o 23 de setembro de 1846[2] por Johann Galle máis ou menos na posición pronosticada por Urbain Le Verrier, e a súa maior lúa, Triton, foi descuberta pouco despois, aínda que ningunha das restantes 13 lúas foron localizadas telescopicamente ata o século XX. A distancia do planeta á Terra dálle un tamaño aparente moi pequeno, polo que é difícil estudar con telescopios terrestres. Neptuno foi visitado pola nave Voyager 2, que sobrevoou o planeta o 25 de agosto de 1989. e, esta, segue a ser a única nave espacial que o visitou.[17][18] A chegada do telescopio espacial Hubble e dos grandes telescopios terrestres con óptica adaptativa permitiron, recentemente, observacións detalladas adicionais dende lonxe.

Do mesmo xeito que Xúpiter e Saturno, a atmosfera de Neptuno está composta principalmente de hidróxeno e helio, xunto con restos de hidrocarburos e posiblemente nitróxeno, aínda que contén unha maior proporción de xeos como auga, amoníaco e metano. Porén, semellante a Urano, o seu interior está composto principalmente de xeos e rochas;[19] Urano e Neptuno son normalmente considerados "xigantes de xeo" para recalcar esta distinción.[20] Xunto coa dispersión de Rayleigh, os rastros de metano nas rexións ultraperiféricas explican en parte o aspecto azul do planeta.[21] Os datos máis recentes do observatorio Gemini mostran que a cor azul está máis saturada que a presente en Urano debido á menor bruma da atmosfera máis activa de Neptuno.[22][23]

En contraste coa atmosfera nebulosa e relativamente sen características de Urano, a atmosfera de Neptuno ten patróns meteorolóxicos activos e visibles. Por exemplo, no momento do sobrevoo da Voyager 2 en 1989, o hemisferio sur do planeta tiña unha Gran Mancha Escura comparable á Gran Mancha Vermella de Xúpiter. Máis recentemente, en 2018, identificáronse e estudouse unha mancha escura principal máis nova e unha mancha escura máis pequena.[24] Ademais, estes patróns meteorolóxicos son impulsados ​​polos ventos sostidos máis fortes de calquera planeta do sistema solar, con velocidades do vento rexistradas tan altas como 2 100 km/h (580 m/s; 1 300 mph).[25] Debido á súa gran distancia do Sol, a atmosfera exterior de Neptuno é un dos lugares máis fríos do sistema solar, con temperaturas nas cimas das súas nubes aproximándose os 55 K (−218 °C; −361 °F). As temperaturas no centro do planeta son aproximadamente 5 400 K (5 100 °C; 9 300 °F).[26][27] Neptuno ten un sistema de aneis débil e fragmentado (etiquetado como "arcos"), que foi descuberto en 1984 e despois confirmado pola "Voyager 2".[28]

  1. Irwin, Patrick G. J.; Dobinson, Jack; James, Arjuna; Teanby, Nicholas A.; Simon, Amy A.; Fletcher, Leigh N.; Roman, Michael T.; Orton, Glenn S.; Wong, Michael H.; Toledo, Daniel; Pérez-Hoyos, Santiago; Beck, Julie (23 de decembro de 2023). "Modelling the seasonal cycle of Uranus's colour and magnitude, and comparison with Neptune". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society (en inglés) 527 (4): 11521–11538. doi:10.1093/mnras/stad3761. 
  2. 2,0 2,1 Hamilton, Calvin J. (4 de agosto de 2001). "Neptune". Views of the Solar System. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2007. Consultado o 10 de outubro do 2022. 
  3. 3,0 3,1 Seligman, Courtney. "Rotation Period and Day Length". Arquivado dende o orixinal o 28 July 2011. Consultado o 13 August 2009. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 Erro na cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome fact
  5. Souami, D.; Souchay, J. (Xullo de 2012). "The solar system's invariable plane". Astronomy & Astrophysics 543 (A133). p. 11. Bibcode:2012A&A...543A.133S. doi:10.1051/0004-6361/201219011. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Erro na cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Seidelmann Archinal A'hearn et al. 2007
  7. Erro na cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome fact2
  8. de Pater, Imke; Lissauer, Jack J. (2015). Planetary Sciences (2ª ed.). Nova York: Cambridge University Press. p. 250. ISBN 978-0-521-85371-2. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2016. 
  9. Kennett, Carolyn (2022). Uranus and Neptune. Reaktion Books. p. 185. ISBN 978-1-78914-642-4. 
  10. 10,0 10,1 Archinal, B. A.; Acton, C. H.; A'Hearn, M. F.; Conrad, A.; Consolmagno, G. J.; Duxbury, T.; Hestroffer, D.; Hilton, J. L.; Kirk, R. L.; Klioner, S. A.; McCarthy, D.; Meech, K.; Oberst, J.; Ping, J.; Seidelmann, P. K. (2018). "Report of the IAU Working Group on Cartographic Coordinates and Rotational Elements: 2015". Celestial Mechanics and Dynamical Astronomy 130 (3): 22. Bibcode:2018CeMDA.130...22A. doi:10.1007/s10569-017-9805-5. 
  11. J.C., Pearl; et al. (1991). "The albedo, effective temperature, and energy balance of Neptune, as determined from Voyager data". Journal of Geophysical Research 96: 18, 921–930. Bibcode:1991JGR....9618921P. doi:10.1029/91JA01087. 
  12. Mallama, Anthony; Krobusek, Bruce; Pavlov, Hristo (2017). "Comprehensive wide-band magnitudes and albedos for the planets, with applications to exo-planets and Planet Nine". Icarus 282: 19–33. Bibcode:2017Icar..282...19M. arXiv:1609.05048. doi:10.1016/j.icarus.2016.09.023. 
  13. 13,0 13,1 Erro na cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Mallama_and_Hilton
  14. "Encyclopedia - the brightest bodies". IMCCE. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2023. Consultado o 29 de maio de 2023. 
  15. Erro na cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome ephemeris
  16. NASA. "Neptuno". Consultado o 10 de outubro do 2022. 
  17. Chang, Kenneth (18 de outubrode 2014). "Dark Spots in Our Knowledge of Neptune". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2014. Consultado o 10 de outubro do 2022. 
  18. "Exploration | Neptune". NASA Solar System Exploration. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2020. Consultado o 10 de outubro do 2022. "En 1989, a Voyager 2 da NASA converteuse na primeira e única nave espacial en estudar Neptuno de preto". 
  19. Podolak, M.; Weizman, A.; Marley, M. (decmbro de 1995). "Comparative models of Uranus and Neptune". Planetary and Space Science 43 (12). pp. 1517–1522. Bibcode:1995P&SS...43.1517P. doi:10.1016/0032-0633(95)00061-5. 
  20. Lunine, Jonathan I. (setembro de 1993). "The atmospheres of Uranus and Neptune". Annual Review of Astronomy and Astrophysics 31. pp. 217–263. Bibcode:1993ARA&A..31..217L. doi:10.1146/annurev.aa.31.090193.001245. 
  21. Kirk, Munsell; Smith, Harman; Harvey, Samantha (13 de novembro de 2007). "Neptune overview". Solar System Exploration. NASA. Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2008. Consultado o 10 de outubro do 2022. 
  22. "Gemini North Telescope Helps Explain Why Uranus and Neptune Are Different Colors - Observations from Gemini Observatory, a Program of NSF's NOIRLab, and other telescopes reveal that excess haze on Uranus makes it paler than Neptune". info@noirlab.edu (en inglés). Consultado o 10 de outubro do 2022. Observacións do Observatorio Gemini, un programa do NOIRLab da NSF e outros telescopios revelan que o exceso de néboa en Urano fai que sexa máis pálido que Neptuno. 
  23. Magazine, Smithsonian; Kuta, Sarah. "Why Neptune Appears Bluer Than Its Cousin Uranus". Smithsonian Magazine (en inglés). Consultado o 10 de outubro do 2022. 
  24. Shannon Stirone (22 de decembro de 2020). "Neptune's Weird Dark Spot Just Got Weirder – While observing the planet's large inky storm, astronomers spotted a smaller vortex they named Dark Spot Jr.". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2020. Consultado o 10 de outubro do 2022. 
  25. Suomi, V.E.; Limaye, S.S.; Johnson, D.R. (1991). "High Winds of Neptune: A possible mechanism". Science 251 (4996). pp. 929–32. Bibcode:1991Sci...251..929S. PMID 17847386. doi:10.1126/science.251.4996.929. 
  26. Hubbard, W.B. (1997). "Neptune's Deep Chemistry". Science 275 (5304). pp. 1279–80. PMID 9064785. doi:10.1126/science.275.5304.1279. 
  27. Nettelmann, N.; French, M.; Holst, B.; Redmer, R. "Interior Models of Jupiter, Saturn and Neptune" (PDF). University of Rostock. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xullo de 2011. Consultado o 10 de outubro do 2022. 
  28. Wilford, John N. (10 de xuño de 1982). "Data Shows 2 Rings Circling Neptune". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2008. Consultado o 10 de outubro do 2022. 


Erro na cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "lower-alpha", pero non se atopou a etiqueta <references group="lower-alpha"/> correspondente


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne