Interpretacións dos patróns aleatorios dos cráteres da Lúa . Un exemplo común do nesgo humano cara á pareidolia. En Asia é máis frecuente atopar a imaxe dun coello na lúa, coincidindo coas lendas asiáticas sobre ese tema.
O nesgo[1][2] é un enfoque parcial, partidista ou tendencioso co que se trata unha información ou asunto, consciente ou inconscientemente. Se unha persoa prefire ou está predisposta cara a unha idea, posibelmente, non dea igual oportunidade a outra idea diferente.