Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Net.art, tamén chamado net(dot)art, arte.en.rede, ou simplemente Net art (sen o punto intermedio), pode referirse a un xénero de producións artísticas realizadas ex profeso en e para a rede Internet, ou a un movemento específico de artistas de orixe europea que introduciron certas prácticas artísticas na década dos noventa coincidindo co desenvolvemento da World Wide Web.
Con respecto ao xénero, o net.art é unha das formas de arte interactivo habilitadas polos soportes dixitais, e as prácticas comunicativas xeradas por eles. A denominación net.art designa as prácticas artísticas que apuntan a unha experiencia estética específica de Internet como soporte da obra, e dialogan ou exploran prácticas comunicativas na cibercultura.