A neurociencia (tamén en plural, neurociencias) é o estudo científico do sistema nervioso. É a rama das ciencias que estudia a embrioloxía, a anatomía, a fisioloxía, a bioquímica, a farmacoloxía, etc., do sistema nervioso.[1]
O sistema nervioso está formado por miles de millóns de neuronas conectadas entre si e con outros sistemas do corpo. O sistema nervioso central inclúe o cerebro, a medula espiñal e a retina.[2] Está conectado co resto do corpo a través do sistema nervioso periférico.