Neurofilamento NF-L, polipéptido lixeiro ou baixo de ~68kDa
| |
Identificadores | |
Símbolo | NEFL |
Entrez | 4747 |
HUGO | 7739 |
OMIM | |
RefSeq | NM_006158 |
UniProt | P07196 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 8 p21 |
Neurofilamento NF-M 3 145-160kDa, subunidade de neurofilamento media
| |
Identificadores | |
Símbolo | NEF3 |
Símbolos alt. | NEFM |
Entrez | 4741 |
HUGO | 7734 |
OMIM | |
RefSeq | NM_005382 |
UniProt | P07197 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 8 p21 |
NF-H 200-220kDa, subunidade de neurofilamento de peso molecular alto ou pesada
| |
Identificadores | |
Símbolo | NEFH |
Entrez | 4744 |
HUGO | 7737 |
OMIM | |
RefSeq | NM_021076 |
UniProt | P12036 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 22 q12.1-13.1 |
Proteína de filamento intermedio neuronal alfa-internexina
| |
Identificadores | |
Símbolo | INA |
Símbolos alt. | NEF5 |
Entrez | 9118 |
HUGO | 6057 |
OMIM | |
RefSeq | NM_032727 |
UniProt | Q5SYD2 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 10 q24 |
Nestina, subunidade de filamento intermedio de células nai neuronais
| |
Identificadores | |
Símbolo | NES |
Entrez | 10763 |
HUGO | 7756 |
OMIM | |
RefSeq | NP_006608 |
UniProt | P48681 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 1 q23.1 |
Os neurofilamentos (NF) son un tipo de filamentos intermedios de 10 nanómetros de grosor, que se encontran nas neuronas. Son un compoñente principal do citoesqueleto das neuronas, e crese que funcionan principalmente dando soporte estrutural ao axón, proporcionando forza mecánica e regulando o diámetro do axón. Os neurofilamentos están compostos de cadeas de polipéptidos ou subunidades proteicas que pertencen á mesma familia proteica ca os outros filamentos intermedios doutros tecidos, como as subunidades de queratina, que forman os filamentos intermedios que se expresan especificamente nos epitelios. A familia de proteínas que forma os filamentos intermedios divídese en 5 grandes clases, e as subunidades de neurofilamentos maiores pertencen á clase IV, xunto con outras proteínas filamentosas das neuronas, como a alfa-internexina e a nestina. Os xenes dos filamentos intermedios de clase IV comparten dous intróns peculiares que non se encontran noutras secuencias xénicas de filamentos intermedios, o que suxire que teñen unha orixe evolutiva común a partir dun xene primitivo de clase IV.