Nevis

Modelo:Xeografía físicaNevis
(en) Nevis Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoilla
subdivisión administrativa de primeiro nivel
estado federado Editar o valor en Wikidata
EpónimoNosa Señora das Neves Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas de Barlovento
Antillas Menores Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaAntillas Menores Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaSaint Kitts e Nevis Editar o valor en Wikidata
Mapa
 17°09′00″N 62°35′00″O / 17.15, -62.583333333333
Bañado porMar Caribe Editar o valor en Wikidata
Características
Punto máis altoPico Nevis (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  (985 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie93 km² Editar o valor en Wikidata

Sitio webnia.gov.kn Editar o valor en Wikidata
BNE: XX6062462

Nevis é unha illa no mar Caribe, o seu nome é unha corrupción da palabra española Nieves, forma abreviada de Nuestra Señora de las Nieves, nome que segundo a tradición local, aínda que sen evidencia histórica [1] puxo á illa Cristovo Colón o 11 de novembro de 1493 ao ancorar nela[2] durante a súa segunda viaxe a América por mor das nubes que cobren permanentemente o Monte Nevis e que lle dá unha aparencia de cumio nevado. Xunto coa illa de Saint Kitts que está ao norte, constitúe a Federación de Saint Kitts e Nevis. A illa abrangue nove antigos centros volcánicos que contribuíron á súa formación[3], calculándose a última erupción en cen mil anos atrás[4] .

Nevis conta co seu propio parlamento e goberno, o actual primeiro ministro é Joseph Parry, quen substituíu en 2006 a Vance Armory. A constitución de Saint Kitts e Nevis recoñece no seu artigo 113 o dereito á secesión da illa de Nevis[5] e nese marco legal o 10 de agosto de 1998 celebrouse un referendo de autodeterminación, mostrándose favorables á secesión o 61.7% dos votantes de Nevis, sen chegar por pouco aos dous terzos requiridos pola constitución[6]

  1. John Logan Allen North American Exploration: A new world disclosed. University of Nebraska Press, 1997, páxina 476
  2. Vincent K. Hubbard Swords, ships, and sugar: a history of Nevis to 1900. ‎Premiere Editions, 1993, páxina 2
  3. ONU "Saint Kitts and Nevis: Executive Summary Arquivado 04 de agosto de 2009 en Wayback Machine.". Country Reports. Committee on Science and Technology, United Nations Convention to Combat Desertification, consultado o 9 de agosto de 2009.
  4. "Gobal Volcanism Program". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2018. Consultado o 09 de agosto de 2009. 
  5. Constitución de Saint Kitts e Nevis
  6. Ann Lynn Griffiths e Karl Nerenberg (eds.) Handbook of Federal Countries.McGill-Queen's Press, 2002, páxina 275

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne