New York Liberty | |
---|---|
Conferencia | Conferencia Leste |
Fundado en | 1997 |
Historia | New York Liberty 1997–presente |
Pavillón | Madison Square Garden |
Cidade | Nova York |
Cores | Negro, azul turquesa, laranxa, branco e azul |
Propietario(s) | The Madison Square Garden Company |
Mánager xeral | Vacante |
Adestrador | Bill Laimbeer |
Campionatos | 0 |
Títulos de conferencia | 4 (1997, 1999, 2000, 2002) |
Web Oficial | liberty.com |
Os New York Liberty son un equipo profesional de baloncesto con base na cidade de Nova York. Xogan na Conferencia Leste da Women's National Basketball Association (WNBA). O equipo foi unha das oito franquías orixinais da liga.
Os Liberty clasificáronse para os Playoffs en doce dos seus dezaoito anos en Nova York. En 1997, 1999, 2000 e 2002, os Liberty chegaron ás Finais da WNBA, pero perderon as tres primeiras veces contra Houston Comets, e a derradeira contra Los Angeles Sparks.