New wave of American heavy metal | |
---|---|
Orixe musical | |
Orixe cultural |
|
Instrumentos típicos | |
O new wave of American heavy metal (literalmente galego: nova onda do heavy metal americano), abreviado comunmente coma NWOAHM, é un movemento musical dentro do heavy metal orixinado nos Estados Unidos e no Canadá a comezos e mediados dos anos 1990[1][2] e que se espallou principalmente a comezos e mediados da primeira década dos anos 2000. Algúns dos grupos considerados como parte deste movemento formáronse a finais dos anos 1980, pero non foron influentes ou non acadaron popularidade ata a década seguinte.[1][2] O termo en si mesmo é un préstamo procedente do movemento previo do new wave of British heavy metal dos anos 70 e 80.[2] O NWOAHM engloba unha gran variedade de estilos musicais, incluíndo o metal alternativo, o groove metal, o metal industrial, o nu metal e o metalcore.
Malia que o termo foi empregado polos medios cunha cada vez maior frecuencia, a definición exacta do movemento non chegou a definirse por completo.[2] Isto débese en parte ó cada vez maior número de grupos que asimilan os estilos comúns dentro do NWOAHM pero que non se diferencian o suficiente como para que os medios os consideren dentro dun xénero propio.[3] Varios dos grupos incluídos dentre deste movemento foron acreditados coma responsables de traer o heavy metal de novo á corrente principal da música.[1]