New England Patriots

New England Patriots
Fundado en 1959
Sede en Foxborough, MA
Wordmark dos New England Patriots
Wordmark dos New England Patriots
Wordmark
Afiliacións de Liga/Conferencia

American Football League (1960−1969)

  • Eastern Division (1960−1969)

National Football League (1970–presente)

Uniforme actual
CoresAzul, vermello, prata, branco                    
MascotaPat Patriot
Cadro de persoal
Propietario(s)Robert Kraft
CEORobert Kraft
PresidenteJonathan Kraft
Director xeralBill Belichick (de facto)
AdestradorBill Belichick
Historia
  • Boston Patriots (1960−1970)
  • Bay State Patriots (1971)
  • New England Patriots (1971–presente)
Alcume(s)
  • The Pats
Campionatos
Títulos de Liga (6)
  • Super Bowl (6)
    2001 (XXXVI), 2003 (XXXVIII), 2004 (XXXIX), 2014 (XLIX), 2016 (LI), 2018 (LIII)
Conferencia (11)
  • AFC: 1985, 1996, 2001, 2003, 2004, 2007, 2011, 2014, 2016, 2017, 2018
División (20)
  • AFL East: 1963
  • AFC East: 1978, 1986, 1996, 1997, 2001, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018
Estadios
  • Nickerson Field (1960–1962)
  • Fenway Park (1963–1968)
  • Alumni Stadium (1969)
  • Harvard Stadium (1970)
  • Foxboro Stadium (1971–2001)
  • Gillette Stadium (2002–presente)

Os New England Patriots son un equipo profesional estadounidense de fútbol americano con sede na rexión da área metropolitana de Boston, Massachusetts. Forman parte da National Football League (NFL) como membros da American Football Conference (AFC) na súa División Leste. O equipo xoga os seus partidos como local no Gillette Stadium, situado na localidade de Foxborough, a cal está situada a 34 km ao suroeste do centro de Boston e 32 km ao nordés de Providence, Rhode Island. A sede do club está tamén situada no Gillette Stadium.

Membro orixinal da American Football League (AFL), os Patriots uníronse á NFL en 1970 grazas á fusión de ambas competicións. Ao ano seguinte, tras trasladar a súa sede a Foxborough, o club muda o seu nome orixinal: Boston Patriots. A franquía xogou entón no Foxboro Stadium desde 1971 até 2001, traslandándose ao seu actual estadio ao comezo da temporada 2002. O principal equipo rival dos Patriots son os New York Jets, con quen manteñen unha das rivalidades máis encarnizadas da NFL.

Os Patriots participaron en nove Super Bowls ao longo da súa historia, sete das cales son a partir da chegada á franquía do adestrador Bill Belichick e o quarterback Tom Brady no ano 2000. Desde aquela convertéronse nun dos equipos máis existosos da historia da NFL, gañando dezaseis títulos da AFC Leste en dezaoito anos desde 2001, con todas as temporadas rematadas con máis vitorias que derrotas. bateron, ademais, moitos récords, incluíndo o maior número de vitorias nun período de dez anos (126 no período 2003–2012), unha temporada perfecta con 16 vitorias e ningunha derrota, a maior xeira de vitoiras consecutivas da historia da NFL (contando liga regular e playoffs) con 21, e a maior xeira de títulos de división consecutivos con 10 (2009−2019). Ademais, o tándem Belichick-Brady posúe o récord de máis Super Bowls disputadas polo mesmo par adestrador e quarterback con novo, das que gañaron seis. Os Patriots son xunto cos Pittsburgh Steelers o equipo con maior número de Super Bowls gañadas (6), perdidas (5) e disputadas (11).


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne