NextJet | ||
---|---|---|
IATA 2N | OACI NTJ | Indicativo NEXTJET |
Fundación | 2002 | |
Fin das operacións | 16 de maio de 2018[1] | |
Frota | 14 | |
Destinos | 20 | |
Páxina web: http://nextjet.se |
NextJet foi unha aeroliña rexional sueca baseada en Frösundavik, no municipio de Solna, ao norte de Estocolmo. A compañía voaba a 20 destinos de Suecia, Noruega e Finlandia, a meirande parte deles dende o aeroporto de Estocolmo-Arlanda,[2] onde ten o seu principal centro de conexións. Un dos investidores da aeroliña era o membro de ABBA Björn Ulvaeus. A compañía declarouse en bancarrota o día 16 de maio de 2018.[1]