Nick Cave and the Bad Seeds | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Melbourne, Australia ![]() |
Período | 1983 - presente |
Xénero(s) | post-punk, rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Mute Records |
Membros | Nick Cave, Mick Harvey, Blixa Bargeld, Thomas Wydler, Martyn P. Casey, Conway Savage, Warren Ellis, Jim Sclavunos, James Johnston |
Antigos membros | Anita Lane, Barry Adamson, Hugo Race, Rowland S. Howard, Tracy Pew, Kid Congo Powers, Roland Wolf |
Artistas relacionados | The Birthday Party, Einstürzende Neubauten, Grinderman, Die Haut, Shilpa Ray, The Cramps, PJ Harvey |
Na rede | |
páxina web oficial | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Nick Cave and The Bad Seeds é unha banda de Rock/post-punk cun elenco internacional e flutuante. Foi formada en 1983 por dous membros da desaparecida banda australiana The Birthday Party: Nick Cave (cantante, compositor) e o músico Mick Harvey. Uníuselles o guitarrista Blixa Bargeld, membro da banda alemá Einstürzende Neubauten, o ex-guitarrista da banda Magazine Hugo Race e o tamén membro desta última banda Barry Adamson, baixista e pianista. Con este elenco a banda gravou e lanzou o seu álbum debut From Her To Eternity en 1984.
Durante a súa primeira xira australiana, Tracy Pew, baixista e guitarrista de The Birthday Party tamén actuou coa banda.
Nick Cave and the Bad Seeds apareceron na película de Wim Wenders Der Himmel über Berlin (1987).