Nicolas Bourbaki

O congreso de Bourbaki de 1938 (de esquerda a dereita : S. Weil, C. Pisot, A. Weil, J. Dieudonné, C. Chabauty, C. Ehresmann e J. Delsarte )

Nicolas Bourbaki é o pseudónimo colectivo baixo o cal un grupo de matemáticos, na súa maioría franceses, escribiu unha serie de libros que expuñan a matemática avanzada moderna, que comezaron a ser editados en 1935. Co obxectivo de fundamentar todas as matemáticas na teoría de conxuntos, o grupo loitou por máis rigor e sinxeleza, creando novos conceptos e terminoloxía ao longo do tempo.

Aínda que Nicolas Bourbaki é unha personaxe inventada, o grupo Bourbaki coñécese oficialmente como a Asociación de colaboradores de Nicolas Bourbaki, que ten unha oficina na École Normale Supérieure de París.

Os cinco membros fundadores do grupo foron Henri Cartan, Claude Chevalley, Jean Delsarte, Jean Dieudonné e André Weil, que pouco antes remataran a École Normale Supérieure de París e que despois estaban dando clases en universidades provinciais francesas e avaliaban os libros de texto dispoñíbeis inadecuados e anticuados, especialmente en comparación coa florecente escola axiomática alemá de David Hilbert, Emmy Noether en Göttingen e Emil Artin en Hamburgo, na que estudaran algúns dos fundadores.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne