Night Shades | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Cobra Starship | ||||
Publicado | 28 de outubro de 2011 | |||
Duración | 39:32 | |||
Xénero(s) | synthpop, dance alternativo, dance rock | |||
Selo(s) | Warner Bros., Fueled by Ramen, Decaydance | |||
Produtor | Cobra Starship, Steve Mac, Ryan Tedder, Brent Kutzle, Ari Levine, Grant Michaels, Adam Pallin, Stargate | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Night Shades é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de dance rock Cobra Starship, editado o 29 de agosto do 2011 a través dos selos Fueled by Ramen e Decaydance Records. O disco é a continuación do seu traballo do 2009 Hot Mess. O seu primeiro sinxelo foi "You Make Me Feel...", que conta coa cantante Sabi e foi publicado o 10 de maio. Todo o disco estivo dispoñoble en stream gratuitamente na súa páxina de Facebook antes do seu lanzamento.
O álbum estreouse no número 50 da lista Billboard 200, tras vender 9.000 copias na súa primeira semana, pero caeu ao posto 185 na segunda. Cobra Starship realizou un pre-concerto nos Video Music Awards da MTV no ano 2011, e tras esa actuación o seu sinxelo "You Make Me Feel..." acadou o top 10 da lista Billboard Hot 100.