Nikolai Rimskii-Korsakov

Modelo:BiografíaNikolai Rimskii-Korsakov

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Николай Андреевичъ Римскій-Корсаковъ
(ru) Николай Андреевич Римский-Корсаков Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de marzo de 1844 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Tikhvin, Rusia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte21 de xuño de 1908 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Lyubensk, Rusia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Tikhvin (pt) Traducir (década de 1930–)
cemiterio Novodevichii (–década de 1930) Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
EducaciónNaval Cadet Corps (en) Traducir (1856–) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor, teórico da música, profesor universitario, militar, profesor de música, musicólogo, autobiógrafo, director de orquestra, libretista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorConservatório de São Petersburgo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoÓpera, sinfonía e música clásica Editar o valor en Wikidata
ProfesoresMili Balakirev Editar o valor en Wikidata
AlumnosÍgor Stravinski, Anton Arensky (pt) Traducir, Théodore Akimenko (pt) Traducir, Alexander Gretchaninov (pt) Traducir, Petr Petrovich Evstafʹev (en) Traducir, Yuliya Veysberg (en) Traducir, Aleksandr Konstantinovitch Glazunov (pt) Traducir, Mart Saar, Mikhail Klimov (en) Traducir, Nikolai Amani (en) Traducir, Ivane Paliashvili (en) Traducir, Meliton Balanchivadze (pt) Traducir e Ottorino Respighi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaHouse of Rimsky-Korsakov (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeNadezhda Rimskaya-Korsakova Editar o valor en Wikidata
FillosMikhail Nikolaevich Rimskiy-Korsakov, Andrey Rimsky-Korsakov, Vladimir Rimsky-Korsakov, Q124808633 Editar o valor en Wikidata
PaisAndrey Petrovich Rimskiy-Korsakov Editar o valor en Wikidata  e Sofia Vasilievna Skaryatina Editar o valor en Wikidata
IrmánsVoin Rimsky-Korsakov Editar o valor en Wikidata
ParentesIrina Golovkina, neta Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Римский-Корсаков Николай Андреевич)
Dicionario Musical Riemann (1901–1904)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0006253 Allocine: 37891 Allmovie: p108307 IBDB: 94628
BNE: XX1026643 Spotify: 2kXJ68O899XvWOBdpzlXgs iTunes: 278869 Last fm: Николай+Андреевич+Римский-Корсаков Musicbrainz: 4cfe7051-f649-4d07-83b3-7a732abe7249 Songkick: 406196 Discogs: 115466 IMSLP: Category:Rimsky-Korsakov,_Nikolay Allmusic: mn0000250057 WikiTree: Rimsky-Korsakov-2 Find a Grave: 2103 Editar o valor en Wikidata

Nikolai Andreevich Rimskii-Korsakov (en ruso: Никола́й Андре́евич Ри́мский-Ко́рсаков nʲɪkəˈlaj ɐˈndrʲejɪvʲɪtɕ ˈrʲimskʲɪj ˈkorsəkəf (AFI)Ru-Nikolai Rimsky-Korsakov.ogg escoitar), nado en Tikhvin, Nóvgorod o 6 de marzoxul./ 18 de marzo de 1844greg., e finado en Lubensk, San Petersburgo o 8 de xuñoxul./ 21 de xuño de 1908greg.,[a] foi un compositor, director de orquestra e pedagogo ruso membro do grupo de compositores coñecido como Os Cinco.[b] Aínda proseguindo a liña Berlioz - Liszt - Wagner, seguiu fiel ao ideal dun estilo nacional. Considerado un mestre da orquestración, as súas obras orquestrais máis coñecidas —o Capricho español, a Abertura da gran Pascua rusa e a suite sinfónica Scheherezade— son valoradas entre as principais do repertorio de música clásica, así como as suites e fragmentos dalgunha das súas quince óperas, e sobresaen pola súa instrumentación ricamente coloreada e chea de virtuosidade. Scheherezade (1888) é un exemplo do seu emprego adoito dos contos de fadas e temas populares.

Rimskii-Korsakov fixo os seus estudos de música baixo a dirección de Balakirev, e do mesmo xeito que este e o crítico Vladimir Stasov, cría firmemente no desenvolvemento dun estilo nacionalista de música clásica. Este estilo consistía no emprego de cancións populares tradicionais rusas, así como de elementos harmónicos, melódicos e rítmicos exóticos —práctica coñecida como orientalismo musical—, evitando os métodos compositivos tradicionais occidentais. Con todo, Rimskii-Korsakov chegaría a valorar tamén as técnicas occidentais ao ocupar o posto de profesor de composición, harmonía e instrumentación (orquestración) musical no Conservatorio de San Petersburgo a partir de 1871 ata 1905, no que tivo como alumnos a Glazunov e a Stravinskii. Con obxecto de se perfeccionar, estudou a harmonía e o contrapunto occidentais de xeito autodidacta, incorporando ao mesmo tempo as influencias de Mikhail Glinka e o resto de compañeiros dos Cinco. Posteriormente, as súas técnicas compositivas e de orquestración víronse enriquecidas co descubrimento das obras de Richard Wagner.

Rimskii-Korsakov combinou a composición e a ensinanza coa carreira militar, primeiro como oficial da Armada Imperial Rusa, logo como inspector civil de bandas de música navais. Escribiu nas súas memorias que a paixón polo océano comezou na súa nenez, ao ler libros e escoitar as fazañas do seu irmán máis vello na mariña. O seu amor polo mar puido influílo á hora de escribir dúas das súas obras orquestrais máis coñecidas, o cadro musical Sadko (non confundir coa súa ópera posterior do mesmo nome) e Scheherezade. O seu labor como inspector de bandas navais serviulle para ampliar o seu coñecemento técnico dos instrumentos de vento madeira e metal, perfeccionando as súas habilidades no campo da orquestración. Ademais de transmitir estes coñecementos aos seus estudantes, puido transmitilos postumamente a través dun manual sobre orquestración que foi finalizado polo seu xenro Maksimilian Steinberg.

Rimskii-Korsakov legou moitas composicións nacionalistas rusas de gran creatividade e orixinalidade. Ademais, realizou arranxos das obras dos Cinco para que puidesen ser interpretadas en público, converténdoas en parte do repertorio clásico (aínda que existe controversia sobre as súas correccións nas obras de Modest Musorgskii). Formou a unha xeración de mozos compositores e músicos durante as décadas que exerceu como pedagogo, polo que chegou a ser cualificado como o «principal arquitecto» do que o público afeccionado á música clásica considera o estilo ruso de composición.[1] O estilo de Rimskii-Korsakov baseábase no de Mikhail Glinka, Milii Balakirev, Hector Berlioz e Franz Liszt, «transmitindo este estilo directamente a dúas xeracións de compositores rusos» e influíndo en compositores non rusos, como Maurice Ravel, Claude Debussy, Paul Dukas e Ottorino Respighi.[2]


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "lower-alpha", pero non se atopou a etiqueta <references group="lower-alpha"/> correspondente

  1. Frolova-Walker 2001, p. 21:409.
  2. Abraham 1980, p. 16:34.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne