No Need to Argue | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Cranberries | ||||
Publicado | 3 de outubro de 1994 | |||
Gravación | 1994 | |||
Duración | 52:30 | |||
Xénero(s) | rock alternativo | |||
Selo(s) | Island Records | |||
Produtor | Stephen Street | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
No Need to Argue é o segundo álbum da banda irlandesa de rock The Cranberries, editado o 3 de outubro de 1994 a través do selo Island Records. Trátase do traballo máis exitoso do grupo e vendeu ao redor dos 17 millóns de copias en todo o mundo. Ten o sinxelo máis famoso da banda ata a data, "Zombie". O disco é máis escuro e duro que Everybody Else Is Doing It, So Why Can't We?, editado un ano antes. Amosa unha interpretación máis madura da súa cantante Dolores O'Riordan, escribindo sobre guerra, morte, amor e decepción. A súa voz é máis clara, sen as capas do seu anterior traballo.
Nalgunha das cancións a banda decidiu tomar un camiño máis roqueiro e pesado, usando distorsión e incrementando o volume. O tema "Yeats' Grave", listado erroneamente no álbum como "Yeat's Grave" e nunca corrixido en reedicións físicas,[1] fala sobre William Butler Yeats e cita un dos seus poemas, No Second Troy. A canción "Zombie", composta por O'Riordan, trata segundo ela do atentado do IRA de 1993 no que morreron dous nenos.[2]