No Wave

No Wave
Orixe musicalpunk rock, avant-garde, noise, funk, disco, jazz, free jazz, rock experimental, art rock
Orixe culturalfinais dos 70 en Nova York
Instrumentos típicosguitarra, baixo, batería, teclado, saxofón
Derivadosavant funk, punk jazz
Subxéneros
dance-punk - noise rock - punk jazz+

O No Wave foi un xénero musical de vangarda e unha escena de arte visual que xurdiu a finais dos anos 70 no centro da cidade de Nova York.[1][2] O termo No Wave é en parte un xogo de palabras satírico para rexeitar os elementos comerciais do entón popular xénero New Wave.[3] Reaccionando contra a reciclaxe de tópicos do rock and roll por parte do punk rock, os músicos No Wave experimentaron co ruído, a disonancia e a atonalidade, así como con xéneros non rock, como o free jazz, o funk e o disco.[4][5][6] A escena a miúdo reflectía unha visión do mundo abrasiva, enfrontada e nihilista.

O movemento foi de curta duración pero moi influente no mundo da música. O recompilatorio de 1978 No New York adoita a ser considerado o testamento por excelencia da estética musical da escena.[7] Ademais do xénero musical, o movemento no wave tamén tivo unha influencia significativa no cine independente (no wave cinema), a moda e a arte visual.[8]

  1. Romanowski, Patricia, ed. (1995). The new Rolling Stone encyclopedia of rock & roll. A Rolling Stone Press Book (Completely rev. and updated, [2. ed.] ed.). New York: Fireside. p. 717. ISBN 978-0-684-81044-7. 
  2. Masters 2007, p. 5
  3. Pearlman 2003, p. 188
  4. "James Chance and The Contortions: James Chance and the Contortions: Buy album review @ All About Jazz". All About Jazz (en inglés). 2005-02-07. Consultado o 2024-04-10. 
  5. Masters, Marc (2008-01-15). "NO!: The Origins of No Wave". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-04-10. 
  6. "No Wave Music Style Overview". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-04-10. 
  7. Masters, Marc; Walter, Weasel (2007). No Wave. London: Black Dog. p. 9. ISBN 978-1-906155-02-5. 
  8. Masters 2007, p. 200

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne