Nogueira

Nogueiras (xénero Juglans)

Juglans major
Morton Arboretum acc. 614-47*1
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiospermae
(sen clasif.): Eudicots
(sen clasif.): Rosids
Orde: Fagales
Familia: Juglandaceae
Subfamilia: Juglandoideae
Tribo: Juglandeae
Subtribo: Juglandinae
Xénero: Juglans
L.
Especies

Véxase no texto

As nogueiras ou croucheiras (xénero Juglans) son plantas da familia Juglandaceae. Son árbores de folla caduca, de 10 a 40 metros de alto, con follas pinnadas.

As 21 especies do xénero espállanse polas zonas temperadas de Eurasia e, en América, dende o sueste do Canadá ata a Arxentina. O nome latino Juglans deriva de Jovis glans 'noces de Xúpiter'. As nogueiras son usadas como alimento polas larvas de varios lepidópteros e coleópteros.

A especie máis coñecida en Europa e a de máis importancia comercial é a nogueira común (Juglans regia). A nogueira negra (Juglans nigra) e común na súa área nativa do leste de Norteamérica e cultívase tamén noutras zonas do mundo. As noces son comestibles, pero máis pequenas que ás da Juglans regia e de casca moi dura. A nogueira xaponesa (Juglans atlantifolia) caracterízase polas súas noces redondas.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne