Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2010.) |
Noise rock | |
---|---|
e | |
Orixe musical | música noise, punk rock, música de vangarda, no wave, rock psicodélico, jazz de vangarda |
Orixe cultural | finais dos 70 nos Estados Unidos, Australia, Inglaterra e o Xapón |
Instrumentos típicos | voz, guitarra eléctrica, baixo, batería, instrumentos electrónicos |
Derivados | grunge - shoegazing - grindcore - powerviolence - crust punk |
Xéneros de fusión | |
noise pop | |
O noise rock (tamén coñecido coma noise punk)[1] describe un estilo do post-punk que comezou a destacar nos anos 80. O noise rock fai uso da instrumentación tradicional e da iconografía do rock, pero incorpora atonalidade e sobre todo disonancia, e frecuentemente rexeita a convencións habituais á hora de compoñer.[2]
Noise rock é un termo que se ven utilizando para abarcar unha ampla gama de bandas que son partidarias da disonancia, dos feedbacks esaxerados e das distorsións extremas no contexto da música rock. O noise rock é unha consecuencia do punk rock, e aínda que hai antecedentes nos anos 60 con bandas de proto-punk coma The Velvet Underground, The Monks e Godz, o noise rock coma xénero apareceu nos anos 80.
Unha das bandas pioneiras foi Sonic Youth, que axudou a que o xénero chegase a unha audiencia máis ampla dentro do rock alternativo cando comearon a incorporar melodías ao seu son ruidoso. Moitas bandas a partir de entón imitaron a Sonic Youth,[3] pero non todos os grupos do xénero os imitan no son; artistas dos 80 como Swans ou Big Black colleron un enfoque moito máis escuro e ameazante. A finais dos 80 e nos 90 o selo Touch and Go Records converteríase nunha peza importante para o noise rock xurdido nesa época.[3]