North Harbour Stadium | |
---|---|
![]() | |
Datos | |
Coordenadas | 36°43′37″S 174°42′06″L / -36.726944, 174.701667 |
Localización | North Shore City, Nova Zelandia |
Construción | |
Inauguración | 8 de marzo de 1997 |
Custo | 41 millóns de dólares |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Capacidade | 30.000 |
Propietario | North Shore City Council |
Operadora | Auckland Stadiums |
Localía | North Harbour (ITM Cup) New Zealand Knights (A-League) Auckland Blues (Super Rugby) |
Web | https://www.aucklandstadiums.co.nz/our-venues/north-harbour-stadium |
Eventos | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O North Harbour Stadium é un estadio da cidade de North Shore City, preto de Auckland (Nova Zelandia), inaugurado en 1997 e que ten unha capacidade para acoller a uns 30.000 seareiros.
O recinto está destinado principalmente á práctica do rugby por parte do North Harbour, equipo que compite na ITM Cup, e tamén á práctica do fútbol por parte dos New Zealand Knights da A-League. Os Auckland Blues do torneo Super Rugby tamén xogan cada ano un encontro como locais neste estadio.