State of New Jersey (en) | |||||
Lema | «Liberty and prosperity» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Símbolo oficial | Pintassilgo-americano (pt) (aves) | ||||
Alcume | The Garden State e Jersey | ||||
Epónimo | Província da Nova Jérsia (pt) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Capital | Trenton | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.288.994 (2020) (411,17 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 3.272.054 (2020) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 22.591,4 km² | ||||
Auga | 15,69 % | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 75 m | ||||
Punto máis alto | High Point (en) (550 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Atlántico (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 18 de decembro de 1787 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Government of New Jersey (en) | ||||
• Governor of New Jersey (en) | Phil Murphy (2018–) | ||||
Órgano lexislativo | New Jersey Legislature (en) , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Supreme Court of New Jersey (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | US-NJ | ||||
Identificador GNIS | 1779795 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | nj.gov | ||||
Nova Jersey[1][2] (en inglés: New Jersey) é un dos 50 estados dos Estados Unidos, situado nas rexións Mid-Atlantic e Nordeste do país. Limita ao norte co estado de Nova York, ao leste co océano Atlántico, ao suroeste con Delaware e ao oeste con Pensilvania. Encóntrase principalmente dentro das extensas áreas metropolitanas de Nova York e Filadelfia.
É o cuarto estado menos extenso, superando apenas a Connecticut, Delaware, e Rhode Island. A pesar da súa pequena extensión territorial, ten unha poboación de 8,938,175 habitantes [3], sendo o undécimo estado máis poboado e o de maior densidade nos Estados Unidos.
A economía de Nova Xersei depende principalmente da súa industria manufacturera e da prestación de servizos de transporte. É un dos estados máis industrializados do país. Os produtos fabricados no estado, así como outros produtos producidos nos estados veciños, son exportados a través dos portos ao longo dos ríos Hudson e Delaware. Nova Xersei é tamén un dos líderes nacionais da produción de produtos químicos. Para o ano 2011 foi o terceiro estado máis rico do país en ingresos medios por fogar.[4]
O turismo é tamén unha das principais fontes de ingresos no estado. As principais atraccións turísticas son as súas numerosas praias localizadas en rexións relativamente pouco poboadas. Ademais disto polos seus numerosos xardíns e parques o estado é alcumado The Garden State (O estado xardín).
Máis de cen batallas e enfrontamentos entre milicias estadounidenses e tropas británicas foron realizadas en Nova Xersei. A máis famosa delas ocorreu o 26 de decembro de 1776, cando George Washington realizou a súa famosa travesía do río Delaware durante a batalla de Trenton. Logo da independencia dos Estados Unidos, Nova Xersei foi o terceiro estado en ratificar a Constitución, o 18 de decembro de 1787.