Noz (froito)

Landras de carballo.

En botánica, unha noz considérase un froito seco indehiscente (que non abre ao madurar), monospermo (composto por unha única semente) e cun pericarpo duro. A maioría derivan de pistilos con ovario ínfero (situado por baixo do receptáculo floral) cuxa parede está endurecida.[1]

Atópanse exemplos de noces na orde das Fagales, por exemplo:

Contrariamente ao que poida parecer, o froito da nogueira non se considera botanicamente unha noz, senón unha drupa xa que só ten endurecido o endocarpio e o seu mesocarpio é carnoso.

  1. Font Quer, P. (1985). Diccionario de Botánica (en castelán). Barcelona: Labor. p. 765. ISBN 9788433558046. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne