Nucleoporina

Nucleoporina
Identificadores
SímboloNucleoporin
PfamPF03177
InterProIPR004870

As nucleoporinas son unha familia de proteínas que son as unidades constituíntes que forman o complexo dos poros nucleares.[1] O complexo do poro nuclear é unha estrutura bastante masiva que se estende a través da envoltura nuclear, formando unha vía de paso que regula o fluxo de macromoléculas entre o núcleo celular e o citoplasma. Os poros nucleares, á súa vez, permiten o transporte de moléculas hidrosolubles a través da envoltura nuclear. As nucleoporinas, unha familia de arredor de 30 proteñinas, son os principais compoñentes do complexo do poro nuclear en células eucariotas. A nucleoporina 62 é o membro máis abundante desta familia.[2] As nucleoporinas teñen a capacidade de transportar moléculas a través da envoltura nuclear con rapidez. Un só complexo do poro nuclear pode transportar 60.000 moléculas de proteínas a través da envoltura nuclear por minuto.[3]

  1. Doye V, Hurt E (June 1997). "From nucleoporins to nuclear pore complexes". Curr. Opin. Cell Biol. 9 (3): 401–11. PMID 9159086. doi:10.1016/S0955-0674(97)80014-2. 
  2. Han I, Oh ES, Kudlow JE (2000). "Responsiveness of the state of O-linked N-acetylglucosamine modification of nuclear pore protein p62 to the extracellular glucose concentration". Biochem. J. 350 Pt 1 (Pt 1): 109–14. doi:10.1042/0264-6021:3500109. PMC 1221231. PMID 10926833.
  3. Erro na cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Lodish_2013

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne